Unha curta de sabor auténtico

FURANCHO, BOTA VIÑO! é unha curtametraxe en lingua galega que nace con vocación de seguir medrando, ata onde nos leve o maxín 

A idea e o reto de crear esta COMEDIA FAMILIAR nun AUTÉNTICO FURANCHO de GALICIA xurde nunha VIAXE que ELENA GALLEGO ABAD e MAYKA BRAÑA fixemos entre Marín e Vigo unha tarde de inverno.

Imaxinade a escena: Unha recoñecida ESCRITORA e unha prestixiosa ACTRIZ galegas cruzan a PONTE DE RANDE entre refachos de nordés, falando sobre GUIÓN e SERIES de televisión.

"Por que non facemos algo xuntas?", concluímos.

Así, pasou o que tiña que pasar. 

— SINOPSE

Un furancho tradicional das Rías Baixas está a piques de abrir as súas portas. Mayka decide poñerse á fronte da pequena adega familiar, tras deixar o seu posto executivo nunha importante empresa de Marín.

Pero non será tan fácil como aparenta: Silda, a matriarca, sufriu un accidente doméstico; a cociñeira non aparece e a súa filla adolescente so pensa en tocar o clarinete.

Os primeros clientes cóanse cunha televisión para ver un partido de fútbol e a chegada dunha parella da Guardia Civil está a piques de facerlle perder os papeis.

¿Qué ocurrirá se aparece o influencer da Furanchoesfera?

A reapertura deste furancho convértese nunha singular comedia.

MAYKA BRAÑA ponse á fronte da DIRECCIÓN de actores desta comedia familiar, con guión e produción de ELENA GALLEGO ABAD, que nos permitirá espallar os valores furancheiros polo mundo.

Rodada nun auténtico furancho das Rías Baixas (FURANCHO LOIS en Marín, Pontevedra), contamos coa complicidade de grandes talentos da escena galega:

Por orde de aparición na curta, xunto a Mayka Braña actúan SILDA ALFARO,  ALEJANDRA ARCOS, TETÉ DELGADO, ANXO CARBAJAL, NANO RIVAS, ALFONSO AGRA, JOSITO PORTO, CARLOS BLANCO, PACO PERNAS e o gaiteiro FELIPE REA.

Con tanto TALENTO en estado puro, imaxinas a que se pode montar? 
Temos unha GRAN COMEDIA asegurada!

Lugar da rodaxe: Furancho LOIS (Marín, Pontevedra)

Características do proxecto audiovisual

Título: FURANCHO Bota viño!
Idioma: Galego. Subtítulos en galego, castelán, inglés e francés.
Guión: Elena Gallego Abad.
Directora: Mayka Braña Alonso.
Axudante de dirección: Elena Gallego Abad.
Produción executiva: Elena Gallego Abad.
Produción asociada: Mayka Braña.
Realizador: Diego Muñoz Barcia.
Director de fotografía: Diego Santaclara Ferradás.
Operadores de cámara:Javier Costela Vázquez e Brais Romero Martín.
Sonidistas: Álvaro Morais Martínez e Joseph Sinbad Barr.
Script/Arte: Nazareth Pastoriza Simes.
Perruquería e Maquillaxe: Carla Fernández Pérez e Sheyla de la Osa Moreno.
Localizacións: Furancho LOIS (Marín).
Equipo técnico: Trece Amarillo Filmes SL.
Música: Felipe Rea (adaptación e arranxos música tradicional).

Datas de Rodaxe: 27 e 28/05/2025.
Duración: 19:59 minutos.
Nacionalidade: Española.
Distribución: Cityblue Films. 300 festivais (incluídos 40 tipo A).

A RODAXE DE FURANCHO, EN IMAXES:

Para visitar Galicia e non perder a parte máis autóctona e «enxebre» tes que, sen dúbida, pasar polos furanchos galegos

Casting e dirección de actores

Guion e produción executiva



— Mayka Braña

Despois dunha vida dedicada á interpretación, máis de dúas décadas dando vida a grandes personaxes en series que forman parte da Historia da Televisión de Galicia (Saudade de ti, Pazo de Familia, Libro de Familia, Mareas Vivas...) , longametraxes (Vilamor, Trece badaladas...) videoseries e curtametraxes, Mayka Braña está preparada para dar o salto "ao outro lado" e dirixir os actores que nos acompañan nesta curtametraxe. Un proxecto furancheiro con vocación de medrar... Ata onde nos leve! 



— Elena Gallego Abad

Xornalista en tempos de crisis e domadora de dragóns en mundos literarios. Produtora e cociñeira de crimes, guións e empanadas. 
Representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia -CPXG en Pontevedra, escritora e guionista galega. 

Autora da pentaloxía de ficción fantástica DRAGAL (Xerais/Anaya/Pagès Editors/Small Stations Press), "O legado da nena do sal" (La Esfera de los Libros/Xerais), "O xogo de Babel" (Xerais), "Sete Caveiras" (Xerais), "Ata que a morte nos separe" (Xerais) e "O libro de Borboligón" (Xerais)

CO PATROCINIO DE

EMPRAZAMENTO DE PRODUTO:

Contacta con nós

ÚNETE Á COMUNIDADE FURANCHEIRA
ÚNETE Á COMUNIDADE FURANCHEIRA